27 de maio de 2011

Máis presión comercial

A presión comercial dirixida á maioría dos empregados e empregadas desta empresa está á orde do día, por iso dende a CIG, periodicamente estamos lembrando aos compañeiros e compañeiras certos puntos a ter en conta.


Unha vez máis expoñemos:


·O banco pode asignar funcións comerciais concretas e concisas, tendo que facilitar aos traballadores e traballadoras as ferramentas necesarias, o coñecemento dos produtos e o tempo necesario para que estes, dentro do horario legalmente establecido por Convenio Colectivo, de xeito normal e sen ningún tipo de presión, podan realizalas.


·Os traballadores e traballadoras non teñen ningunha responsabilidade en canto á consecución de obxectivos comerciais, sexan a nivel individual ou colectivo. No Convenio Colectivo, non vén contemplado que sexa obrigatorio conseguir uns determinados obxectivos comerciais.


·Non asinedes ningún documento de aceptación ou compromiso de acadar obxectivos comerciais concretos.


·Cumprir as normativas.


·En caso de calquera tipo de entrevista (comercial tamén) con calquera representante do banco, tedes dereito (se así o solicitades) a ser asistidos/as por representantes dos traballadores. Os delegados da CIG, coma sempre, estamos á vosa disposición.


·Se credes que estades a sufrir algún tipo de acoso, non dubidedes en poñelo no noso coñecemento. De producirse este feito, denunciar vía xudicial ao acosador/a e a mellor protección e o mellor xeito de combatelo.



Ante calquera tipo de dúbida, poñervos en contacto cos nosos delegados.


Galiza, 20 de maio de 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario