11 de set. de 2012

Ante todo moita calma, que isto non remate nun sinistro total

O Banco Santander ten en marcha unha negociación para a exteriorización dos compromisos en materia de previsión social para o persoal anterior a marzo do 1980; pero non é menos certo que esa negociación parte dunha perdas multimillonarias do fondo interno do Santander (que ten un déficit de 450 millóns de euros).
A CIG ten solicitado a Banesto que nos remita o informe actuarial do fondo interno correspondente ao peche do ano 2011, co fin de coñecer previamente a situación financeira das dotacións realizadas para facer fronte aos compromisos co persoal anteriores a marzo do 1980.
O Banco Santander ten un problema evidente, o fondo interno está infradotado e non cubre os compromisos previstos no convenio, polo que a súa proposta na mesa modifica e recorta os dereitos contemplados no Convenio Colectivo.
Se a situación do fondo interno deBanesto non é a mesma que a do Santander, non cabe un acordo réplica, como defenden outros sindicatos. É por iso que “ante todo moita calma” non vaia a ser que isto remate nun “sinistro total”.
Neste senso a CIG quere agardar ata coñecer a situación do fondo interno e agardar para ver como remata a “negociación” no Santander, antes de tirarse ao tolo a facer propaganda sindical en Banesto, banco sempre presto a recortar dereitos.
Galiza, 10 de setembro de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario