12/08/2013

Resultados primeiro semestre: privilexios e dereitos

Hai dous bancos Santander.
O 18 de xullo asistimos a un golpe laboral, a sinatura do primeiro ERE no Banco Santander. Un banco que pechou os seis primeiros meses do ano cun incremento dos beneficios do 29% e ao tempo tanto o Consello de Administración coma a Alta Dirección subíronse as retribucións inxustificadamente.
 

No primeiro semestre do ano o Banco puxo por riba da mesa o primeiro proceso de despedimentos colectivos, ao mesmo tempo os beneficios empresariais disparábanse ata os 2.255.000.000 de euros . O ERE do Banco Santander pisotea os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras, por moito que os “sindicatos do mellor banco do mundo” aplaudan coas orellas. 

Os mesmos Directivos que impulsaron un plan de despedimentos colectivos marchan con indemnizacións multimillonarias cando lles toca (algún condenado pola xustiza cobrou 100.000.000 de euros) e non teñen reparo en compatibilizar despedimentos “dos de abaixo” con subas salariais para eles mesmos, “os de arriba” . Os integrantes do Consello de Administración cobraron 6,815 millóns e a alta dirección 17,583 millóns de euros durante os seis primeiros meses do ano. 

Ao tempo fan caixa con cargo ao diñeiro público:

  •   O ERE significou cargar sobre o erario publico a reestruturación. 
  •   Reclaman e negocian axudas públicas para quedarse cos bancos do Estado.

En fin, nos defendemos dereitos laborais eles acaparan privilexios. Esa é a realidade do primeiro semestre do mellor banco do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario