23 de xan. de 2015

NA TÚA OFICINA NON FALTA PERSOAL (falta en todas)



Nas visitas habituais que facemos ás oficinas do Banco Santander todo o mundo pensa que na súa oficina falta persoal, a realidade é que falta en todas.

  • Banco Santander é unha máquina de destrución de emprego, a nivel estatal nos últimos 18 meses reduciuse o cadro de persoal en 4.697 persoas.

  • Somos un 16,6% menos para atender e xestionar un negocio crecente.

  • Dende a fusión do Santander e o Banesto en Galiza pasamos de 1.130 persoas ás 984 actuais.

  • A nivel galego a redución levou a que a nova Entidade non figure entre as empresas con mais de 1.000 traballadores e traballadoras.

  • A redución do cadro de persoal solventouse cunha extensión ilegal da xornada laboral, unha maior carga de traballo, unha maior mobilidade xeográfica.

  • O estrés e as enfermidades ligadas, son unha “praga bíblica” sobre o cadro de persoal da Entidade. Os riscos psicosociais non se avalían, nin se lles fai seguimento.

Pero que ninguén se equivoque, o Banco de Santander vai ben!!. A setembro do 2014 os beneficios no Estado Español medraron un 123% respecto do ano anterior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario