30 de nov. de 2015

Canto che furta a empresa?


Escoitaches falar da xente que asina nóminas de 1.000 euros e cobra 500? A ti pásache algo semellante. A maior parte do persoal do Banco Santander está sufrindo ese tipo de prácticas cando realiza horas extraordinarias que non son pagadas, nin compensadas con libranza.

Hai xente que pensa que está por riba do Convenio Colectivo grazas aos complementos “voluntarios”, pero realiza horas extras sen control e máis alá do límite legal. Compensa o que pagan? Estás por riba do convenio? É doado de calcular.

Custe estatístico horas extras e importe a cobrar MENSUAL segundo horas extras realizadas á semana (en euros)

 

Custe hora extra
2 horas semanais
3 horas semanais
5 horas semanais
20.000 euros
20,59
164,72
247,08
411,8
25.000 euros
25,73
205,84
308,76
514,6
30.000 euros
30,88
247,04
370,56
617,6
35.000 euros
36,03
288,24
432,36
720,6

 

Ten en conta que se a empresa te convoca a unha reunión ou curso fóra da xornada laboral, nun centro de traballo distinto do teu, o desprazamento ten tamén a consideración de horas extraordinarias.

Ademais, as nosas horas extras non pagadas permiten á empresa reducir persoal, poñendo en perigo os postos de traballo, tamén o teu. Para evitalo as horas extras están limitadas por Lei a un máximo de 80 horas anuais, un límite que o Banco Santander tamén se salta pola falta de rexistro.

As horas extraordinarias son unha fraude á Seguridade Social (non se cotizan) e a Facenda (non se tributan). Son realizadas por presión dos superiores ou por exceso de traballo. A CIG non quere que che obriguen a regalarlle a túa vida ao banco, o noso tempo de lecer é a nosa vida.

Por todo isto, a CIG presentou un conflito colectivo contra unha Entidade na Audiencia Nacional. Agardamos a sentenza antes de presentar novas demandas contra outras empresas fraudulentas que non rexistran a xornada efectiva, nin rexistran as horas.
Galiza, novembro 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario