16 de nov. de 2015

Convenio lixo?


Os norteamericanos acuñaron o termo “fast food” (comida rápida), o que aquí coñecemos como “comida lixo”; o seu antagónico é o “slow food” (comida lenta), que vén sendo a “comida de calidade”.

Para a nosa sorpresa, CCOO desembarcou na Mesa do convenio do día 12 de novembro cunha proposta dun “convenio rápido” (convenio lixo) que, segundo eles, transmita tranquilidade ás autoridades financeiras europeas e españolas, fronte ao inicio en xaneiro da nova reestruturación.

AEB, moi cómoda con ese escenario, fixo unha serie de propostas para avanzar nun convenio “low cost”:

  • Queren avanzar no abaratamento dos salarios do persoal novo a través de recortes na carreira profesional: crearían unha nova categoría inferior en cada un dos grupos profesionais, cun recorte salarial do 25% sobre os salarios actuais.
  • Fixeron unha nova proposta para modificar o método de cálculo das pagas de beneficios.
  • Farán unha nova proposta para recortar a antigüidade e ampliar a mobilidade xeográfica (50 km.)
    Cabe preguntarse como, ante a sobrecarga de traballo que sufrimos, e ante ese novo escenario de fusións, os sindicatos estatais non entran en fórmulas de reparto do traballo: traballar menos horas para traballar máis xente.
    Nós miramos a Suecia, onde se está a experimentar a xornada de 6 horas. A patronal mira ao século XIX.
    Por iso, o 13 de novembro mobilizarémonos de novo.
    A vindeira reunión será o 1 de decembro.
Galiza, 12 de novembro de 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario