14/05/2009

Manifestación da CIG en defensa do emprego en Bancos e Caixas de Aforros


Estamos vivindo unha situación inédita, un Organismo público e un Goberno están instando a empresas con beneficios, e que están recibindo axudas públicas, para que pechen centros de traballo e rescindan contratos.


Dende 2008 máis de 100 centros de traballo de bancos e caixas de aforros pecharon as súas portas en Galiza. Pero o Banco de España considera que son insuficientes e as Entidades financeiras anuncian novos peches no segundo semestre do ano. E cando falan de peches de oficinas e de departamentos de servizos centrais están falando dos nosos postos de traballo.

Ata o de agora cos peches foron amortizados máis de 500 postos de traballo por 3 vías: rescisión dos contratos temporais, xubilacións anticipadas e despedimentos.

Xa non hai contratos temporais; a maior parte dos compañeiros e compañeiras maiores de 60 anos están fóra; as prexubilacións son practicamente inviables, xa que van contra os minguantes beneficios, polo que de haber novos peches, a posibilidade de amortizar postos de traballo redúcese cada vez máis a posibles despedimentos.


Por iso o pasado 12 de maio os vosos e vosas representantes da CIG no sector financeiro manifestámonos polas rúas da cidade da Coruña, para denunciar este proceso de reconversión que se inicia no sector. Tamén para pedirlle ao Goberno Central e ao Banco de España que aborden nunha mesa sectorial calquera medida que afecte aos nosos postos de traballo.

Pero ante o difícil panorama para o persoal de Bancos e Caixas temos a necesidade de tomar medidas colectivas cara ao futuro. Se queren afrontar un peche masivo de oficinas con despedimentos masivos non podemos desbotar unha folga xeral sectorial.

Galiza, 13 de maio de 2009

2 comentarios:

Anónimo dixo...

DONDE ANDARAN CCOO E UGT ? AGACHADOS COA PATROAL, CO GOBERNO.....DONDE ANDARÁN ?

Anónimo dixo...

...o ao mellor con Sonia Deben, argallando despidos para os enimigos e bos destinos para os amigos.

Publicar un comentario