2 de xuño de 2009

¡ PRODUTIVIDADE !

O 11 de decembro de 2008 o noso Banco e máis os sindicatos estatais comunicáronnos que viñan da asinar un acordo sobre a produtividade no que manifestaban que “El Proyecto de Mejora de Productividad, únicamente persigue, a través de la motivación e incentivación, la participación de todos los empleados...”. Tamén –non o perdades– expoñían que, ao fin de velar polo seu cumprimento, constituían unha “Comisión de Seguimiento que se ocupará de cuidar que las actitudes en la implantación de este proyecto se ajusten a los objetivos de participación, satisfacción ...”, e máis que “sin que por lo tanto puedan derivarse actuaciones disciplinarias, coercitivas, ni de descrédito, por la no obtención de los objetivos comerciales fijados”.

Na nosa Territorial, os “compañeiros” da UTR, seguindo os mandatos da “responsable” XEFA DE RECURSOS HUMANOS, están dando continuas mostras de descoñecemento e falta de profesionalidade, levando unha política que vai contra a normativa do Banco unha vez máis. Deste xeito, un día si e outro tamén, pasan polos despachos dos nosos executores (xefes de persoal) ducias de compañeiros/as literalmente acojonados/as porque nas entrevistas de seguimento os conceptos están claros: a motivación é sinónimo de acoso, humillación, ameazas e desprezo polas persoas; a incentivación tradúcese en desprazamentos disciplinarios (80, 100, 200, 300 quilómetros, ou máis) ou -o que é máis grave- póñente na rúa, iso si, recoñecendo que “ya sabemos que es un despido improcedente pero pagamos y listo”. Ou o aínda máis grave se cabe, manifestando que “los sindicatos no pueden hacer nada por ti...” (veremos).

Así as cousas, descoñecemos a actividade da “Comisión de Seguimiento”, pero constatamos que a “Comisión de Perseguimento” está a funcionar ao 100%.

Dende este sindicato chamamos a todos os compañeiros/as á reflexión: a morneza e a covardía son malos aliados nestes tempos. Nós, os delegados da CIG, imos dar respostas sindicais contundentes a esta actitude da empresa e de quen disfrazan con estas mañas un Expediente de Regulación de Emprego encuberto, co que nos están a premiar polos tantos esforzos que xa levamos ás costas e que semella non valeron de nada.

Cando se vos convoque a estas entrevistas-encerronas chamádenos; cando vos humillen ou insulten chamádenos; cando vos ameacen cun despido chamádenos. É o noso labor acompañarvos cando o necesitedes. Denunciar aos acosadores, facerlles fronte e facelo ¡xa! é o noso inmediato destino.
Galiza, 29 de maio de 2009

1 comentario:

Anónimo dixo...

ESTA MUY BIEN QUE SE VEAN DE UNA BUENA VEZ "NOMBRES PROPIOS". AQUI LOS RESPONSABLES DE ESTA LOCURA SIEMPRE SE VAN DE ROSITAS. FELICIDADES Y GRACIAS POR ESTA OPORTUNIDAD DE DECIR LO QUE PIENSO SIN QUE ME DESPIDA. BESITOS

Publicar un comentario