18/06/2009

Banesto NON está en crise. Os traballadores e traballadoras SI

Pero isto non é suficiente, o Banco, a calquera prezo quere máis, e ¿de onde queren sacar máis?: dos traballadores e traballadoras.

O Banco véndenos a súa crise, pretende instalar en nós e nas nosas familias o medo, nunca se traballa o suficiente, ata o punto de que sistematicamente en todas as oficinas as xornadas laborais son dobradas de forma extenuante, en contra de calquera normativa básica como pode ser o Convenio Colectivo e da predicada e presumida Conciliación da vida familiar e laboral.

Os dereitos laborais son impunemente atropelados cada día. A ameaza faise efectiva con traslados inxustificados e caprichosos, de ata 300 km, anulación indiscriminada de vacacións. Son castigos, como tamén o son calquera baixa por enfermidade é a reclamación do cumprimento dos dereitos laborais. Todo isto vén rematando en destrución de empregos encuberta por "baixas pactadas" irrevogables, previa humillación profesional por parte de Recursos Humanos, especialmente en empregados/as de recente incorporación, "NOS CUESTAS 1.000 EUROS". As relacións laborais cos sindicatos son negadas continuamente.

Todo sistema de terror laboral necesita valedores e cómplices. No noso país teñen cara, son o Director Territorial, D. Vicente Pantoja e a Xefa de Recursos Humanos, Dª Sonia Deben. Facémolos responsables do constante acoso laboral, da inseguridade e do medo instalado no persoal, das presións e ameazas, da arbitrariedade no uso das normas e da política disciplinaria, como única forma de tapar as súas carencias organizativas, profesionais e intelectuais.

Isto nos obriga a dar unha resposta contundente e pública diante da nosa Dirección Territorial en Galiza e solicitar o cese das persoas responsables.

A Coruña, 18 de xuño de 2009

1 comentario:

Anónimo dixo...

OS COCOS E O OJETE MOVILIZANSE O FIN, PRA LOGO FIRMAR ACORDOS DE MERDA.

Publicar un comentario