17 de xul. de 2009

“Acordiño” polo emprego

Tal e como estaba anunciado Banesto, CCOO e UGT (que son amigos e residentes en Madrid) asinaron o que denominan “Acuerdo de Empleo”, un documento que non vai mais ala que unha mera declaración de intencións sen validez legal de ningún tipo.

No primeiro punto o Banco di que este ano non haberá un ERE (Expedinte de Regulación de Emprego), nin haberá despedimentos obxectivos.

Un ERE por parte dunha empresa debe ser autorizado pola autoridade laboral competente, e para ser autorizado debe demostrarse a mala situación económica e polo tanto a falta de viabilidade. Que nos saibamos non é este o caso do Banesto, non?

Este “Acordiño” ten vixencia durante o 2009 e que nos saibamos Banesto alardea de que este ano haberá beneficios, polo que non cabe un ERE nin medidas semellantes. Dicir a estas alturas que non haberá un ERE é quedar ben sen gastar un can.

En segundo lugar o acordo establece que no caso de traslados aplicaran o artigo 28 do Convenio, faltaría mais, o Convenio é de obrigado cumprimento. Outro punto do acordo no que Banesto queda ben sen gastar un can.

No punto terceiro di que o Banco no casos de apertura de expedintes disciplinarios aplicará “la tipicidad y la graduación de sanciones establecidas en el Convenio”. Insistimos: o Convenio é de obrigado cumprimento. Este terceiro e último punto tamén é dos de quedar ben sen gastar un peso.

En definitiva este “acordiño”, por moito que o envolvan con papeis de cores e lle poñan un bonito lazo, non achega ningunha garantía nova en materia de emprego mais ala do establecido na lexislación laboral vixente.

Recomendamos que ninguén se faga ilusións, con “acordiño” ou sen el, temémonos que a política laboral do Banesto seguirá sendo tan nefasta coma sempre. Magoa que unha vez mais haxa quen lle dá lexitimidade as actuacións da Dirección da empresa, asinándolle acordos lixo.

Galiza, 16 de xullo de 2009

1 comentario:

Anónimo dixo...

OUTRA PORCALLADA MAIS DESTES IMPRESENTABLES

Publicar un comentario