21 de xul. de 2009

¿ NO ME CUENTES TUS PROBLEMAS ?

Nunha recente reunión dunha UBM na que o Director Territorial presidía a mesa de traballo, cun Zona sentado a súa esquerda e o abismo a súa dereita, aquel espetoulle a seguinte frase a un compañeiro:

“ no me cuentes tus problemas que yo no te cuento los mios “

Os problemas que lle transmitía este compañeiro eran, son, e seguirán sendo, a falla de persoal, a dificultade de manter o pasivo cos precios actuais, os problemas do activo coas contínuas denegacións do CAR e da Territorial, e as operacións que se están caendo coa crise, a dificultade de facer os puntos, o incremento desmesurado dos obxectivos que imposibilita facer a conta de resultados,... en definitiva, os problemas do Banco; pero estos non son os problemas do Territorial.

Nas visitas dos nosos delegados/as a todas as oficinas, en ningunha nos dixeron “grazas ao Territorial entramos en tal grupo de empresas e medramos tantos millóns“, ou “grazas ao Territorial captamos tal partida de pasivo e fixemos o presuposto do ano”. Non, non,... buscamos e non atopamos, a sua actividade é outra.

Se o Banco está nunha política de redución de custos, por qué non empeza por aquí?

¿E se mañán desaparece este Territorial?

Todo sería máis sinxelo, máis barato e habería máis respecto.

Galiza, 21 de xullo de 2009



Participa no noso Blog banestocig.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario