22 de mar. de 2010

"O ZULO"

O Banco acaba de publicar os datos económicos do 2009, neste exercicio obtivo un beneficio recurrente de 822 millóns de €uros, cun crecemento da marxe bruta do 4,8% e da marxe de explotación do 7,4%.

Neste informe tamén se publica que o número de empregados pasou de 9.718 en decembro de 2008 a 8.905 a finais de 2009; o que supón unha redución de 813 persoas, casi un 8,3% da plantilla; a escusa é un exceso de capacidade.

A realidade é outra. As plantillas non están axustadas senón que son manifestamente insuficientes, sobre todo nun momento no que a situación económica fai que o traballo sexa máis difícil que nunca. A solución que implícitamente propón o Banco é que a xornada laboral se prolongue ainda máis. Hai compañeiros/as que denominan ás sucursais “zulos”, dado a cantidade de horas que pasan metidos dentro.

Cada tarde que imos traballar supón un fraude aos/as traballadores/as, á Seguridade Social e a Facenda; actualmente figuran contabilizadas máis de catro millóns de persoas nas listas do INEM e supón unha falla de respeto aos/as compañeiros/as recentemente despedidos/as, seguindo unha política de botar aos/as máis baratos/as…

A CIG tivo historicamente un lóxico compromiso e unha combativa actitude contra a inxustificada e gratuíta extensión da xornada laboral, polo que, diante desta política de ZULOS, manteremos nos próximos tempos unha actitude máis combatiba se cabe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario