6 de mar. de 2010

Pegada de carteis e pronunciamentos

Dentro da campaña contra a represión sindical no Banesto temos realizado un cartel de denuncia que pegaremos nas oficinas do Banesto por toda Galiza e nas oficinas bancarias de Ourense, a cidade do compañeiro Requeixo.

No cartel contrapoñense os 1.301.000.000 millóns de euros recibidos de axudas públicas polo banco cos 300 despedimentos e o ataque a liberdade sindical.

Así mesmo nesta cidade a CIG está propoñendo nos distintos Comités de Empresa do sector financeiro un pronunciamento a favor do dereito a liberdade sindical e contra o traslado dun delegado polo simple feito de defender a un compañeiro inxustamente despedido. Pronunciamentos que agardamos poder facer públicos esta mesma semana.

Nos vindeiros días poremos en marcha novas iniciativas en defensa da liberdade sindical e para exixir a dimisión da responsable de RRHH e do Territorial. Vulnerar o dereito a liberdade sindical é un delito.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Fai tempo un compañeiro que xa marchou aburrido deste banco a describiu como un sicópata. Non sei, pero o que sí e que a Territorial non debe estar en mans deste persoa, debe estar en mans de xente que sepa o que é loitar comercialmente por el. Que cuide dos seus.

Anónimo dixo...

Menos mal que alguien le planta cara a todos estos. Buena parte de lo que pasa es culpa nuestra, de como nos tratan. Ánimo, el enemigo es grande.

Publicar un comentario