2 de mar. de 2010

Nova mobilización a favor da liberdade sindical en Ourense


O pasado mes de outubro o compañeiro Antonio de Allaríz, despois de 20 anos de traballo honrado para o banco, foi unha das vítimas dos despedimentos arbitrarios de Banesto. Foi el pero podíalle tocar a calquera de nos, a política laboral do Banesto non respecta a ningúen. Calquera pode ser despedido ou trasladado.

É por iso que non podemos permitir que o Banesto exerza represalias contra os delegados sindicais, ise é o caso do compañeiro Requeixo. O dereito a ser defendido sindicalmente é un dereito democrático recollido incluso na constitución que non podemos permitir que se conculque por parte de ningúen, menos dun banco que recibiu 1.301.000.000 euros de axudas públicas.

Estamos en contacto co BNG avaliando a posiblidade de que presente unha pregunta ao goberno no parlamento español, non é posible que as axudas públicas foran utilizadas para financiar as indemnizacións dos 300 despedimentos improcedentes do Banesto. Si o banco continua coa persecución ao persoal coa persecución sindical este asunto rematará no parlamento español. Daquela serán outros os que teñan que dar contas, non creemos que a cúpula de Madrid lle agrade que se debatan no Congreso estes feitos, pero a responsabilidade non é nosa.

En todo caso o día 12 de marzo está previsto o xuizo pola demanda presentada contra o banco por tutela da liberdade sindical, agardamos que se impoña a razón fronte a prepotencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario