28 de abr. de 2010

Sábados libres : nin sequera como o Santander


Como din moitos dos compañeiros e compañeiras aos que temos visitado nas oficinas, nós, coma eles/as, consideramos que o problema máis grave que ten este Banco, e en particular os empregados e empregadas adscritos a UTR Galicia-Asturias, non son os sábados.


Aínda así este sindicato non esquece, como xa dixemos, que a libranza dos sábados é unha vella arela dos traballadores e traballadoras do sector financeiro, e que a CIG, sindicato maioritario na banca en Galicia, veu defendendo en todas e cada unha das na negociacións colectivas.


Como xa vos fixemos saber, agora, o mercado financeiro único no seo da Unión Europea dará un paso adiante debido a progresiva implantación dos sistemas únicos de pagos xa existentes, con novas plataformas de servizos. Así pois, tanto a TARGET2, que é unha plataforma de pago única compartida a nivel europeo para grandes pagos, como a SEPA, na súa nova fase que centralizará os pequenos pagos dos cidadáns dende unha conta bancaria única farán que, en breve, os sábados non sexan operativos.


Así pois, a urxencia por pechar os sábados tanto pola Banca como polos sindicatos estatais, está dando paso a unha estafa laboral en toda regra. Os bancos pecharán os sábados por non ser rendible manter as oficinas abertas con grandes limitacións operativas, pero este peche se presenta como unha cesión ante a “presión” sindical e a cambio de custosas contrapartidas.


A proposta da Sección Sindical da CIG en Banesto PARA TODAS AS OFICINAS DO BANCO SEN EXCEPCIÓNS foi clara e concisa, e así se lle fixo saber ao Banco:


-De luns a Venres de 8:00 a 15:00 horas.


-Establecemento dun sistema de control horario.


-Compromiso de que a redución de xornada debe incidir na creación de emprego.


Incidir na importancia dun sistema de control horario. Cando nos intenten “colar” uns e outros a contrapartida da “bolsa de horas compensatoria”, sen ningún tipo de control, sabede que esta será a xustificación legal para a flexibilidade horaria total: ollo ao dato!!!. Esa bolsa, de chegar a acordarse por estes impacientes, debe ter un control necesario e imprescindible, para que as tardes non se convertan nunha obriga máis dura do que xa son. De non existir o necesario control desta “bolsa de horas” a prolongación sistemática e fraudulenta do horario de traballo estaría amparada legalmente, servindo como obstáculo e vaga xustificación para que as inspeccións de traballo estean coartadas para realizar a súa labor, e poidan verificar as denuncias que neste sindicato estamos a levar a cabo. Este é o limbo no que instalaron aos compañeiros e compañeiras do Santander, e que non se debe repetir en Banesto


O Banco veu dicirnos que non lle vale nin o acordo do BBVA nin o do Santander, en algo estamos de acordo, pero por motivos distintos.


Repetimos:


Os sábados están caendo por si sos, xa que deixaron de ser operativos e rendíbeis.


Que non nos metan o calote!!!



Galiza, 28 de abril de 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario