28 de xul. de 2010

PEREGRINANDO POR BANESTO…Onte 27 de xullo na O.P. de Compostela


















Onte día 27, continuamos co traballo da nosa Sección Sindical comprometida e responsable denunciando publicamente noutra concentración feita esta vez na O.P. de Santiago de Compostela.

Os motivos son os mesmos de sempre, facendo fincapé na total e absoluta cegueira e xordeira dos/as responsables da UTR de Galiza e Asturias, ante a gravísima situación que o persoal de Banesto está a soportar en Galiza e que cada día vai a peor, eles/as siguen sin dar a cara e negandonos siquera unha entrevista ainda sendo como somos a CIG o sindicato maioritario nesta empresa en Galiza.

  • En Banesto en Galicia fanse máis de 240.000 horas anuais non declaradas.
  • Pérdese deste xeito a creación de 150 postos de traballo para mozos e mozas en paro.
  • No último ano o cadro de persoal de Banesto en Galicia reduciuse nun 10 %, é dicir, 52 postos de traballo eliminados
  • Nunha plantilla de 513 traballadores/as nun solo ano produxironse mais de 278 traslados , e dicir mais do 50% dos traballadores
  • Esta política utilizada polos responsables de Banesto estimamos ten como resultado a destrucción de mais de 200 postos de traballo netos.
  • A esta prolongación de xornada non escapa nin o persoal fixo, nin o contratado temporal.
  • O medo á mobilidade xeográfica é utilizado como medida de presión: os traslados fóra das cidades de orixe dos traballadores/as, facilita a submisión de calquera empregado/a que pretenda manter o seu posto de traballo en Banesto.

Na CIG non imos parar, continuaremos denunciando nas Inspeccións de Traballo todo o denunciable, e tamén na rúa mediante concentracións nas distintas cabeceiras de zona, para que a sociedade sexa coñecedora do que está a pasar neste banco. Na súa ignorancia, as persoas responsables desta desfeita nos obrigan a escoller este camiño.

Galiza, 28 de xullo de 2010




Ningún comentario:

Publicar un comentario