9 de set. de 2010

¡¡¡¡ Vamos !!!! 8-9-2010 EN BANESTO PONTEVEDRA
















Concentración diante da OP de Pontevedra


Non esquecemos aínda que eles así o desexen. Non esquecemos na que RR.HH. da Territorial de Galicia e Asturias nos ten metido desde fai tempo. Non esquecemos a todos os compañeiros e compañeiras inxustamente despedidos, ameazados, trasladados e hostigados polo equipo de Dª Sonia Debén, responsable máxima desta Territorial, sempre co beneplácito da empresa.

Non esquecemos a inxente carga de traballo a que isto deu lugar, con plantillas aínda máis en cadro do que estaban, non esquecemos o fraude que en todos os sentidos supón dobrar xornadas ilegalmente, en detrimento da máis elemental e tan cacarexada “conciliación da vida laboral e familiar”.

Non esquecemos o asfixiante control sobre uns demenciais obxectivos comerciais, control feito por capataces que non aportan nada salvo iso: CONTROL e MEDO, feito a profesionais de primeira liña, orfos na maior parte das veces de directivos que os apoien.

Por iso, porque non esquecemos -e vós tampouco deberiades de esquecelo- seguiremos denunciando, ante os Organismos pertinentes e ante a sociedade na rúa, todo este desastre que é esta Territorial, e que algún veu en chamar un “polo sen cabeza”.

Seguimos coas nosas concentracións de denuncia nun momento no que a empresa segue volta de costas a nós. Por iso o pasado día 8 máis de 200 delegados e delegadas da CIG concentrámonos nas cabeceiras de zona de Pontevedra e Ourense. Non esquecemos o noso compromiso con vós.

Isto non cambiou e irá a peor se non o detemos, aínda que agora pretendan mostrar cara amable para potenciar sindicatos verticais.

¡¡¡¡ Vamos !!!!

Galiza, 10 de setembro 2010



Ningún comentario:

Publicar un comentario