9 de xuño de 2011

AEB presenta a súa proposta de recortes

Na reunión da Mesa negociadora do día 8 de xuño a AEB, máis que unha proposta de Convenio, puxo por riba da mesa unha proposta de recortes salariais, que pasamos a resumir nos seus puntos máis importantes. En todo caso, a patronal insiste nas medidas de implantación de “flexibilidade” nas que tiñan avanzado no diálogo entre a CEOE, CCOO e UGT para a reforma da negociación colectiva.
Duración Convenio: 4 anos.
Salarios
· Suba salarial anos 2011/2012 conxelación salarial, e anos 2013/2014 suba moderada, pero non asociada ao IPC.
· Supresión concepto retributivo antigüidade.
· Conxelación participación en beneficios. Supresión do ¼ de paga.
· Incluír flexibilidade salarial (salario en especie).
· Supresión bolsa vacacións.
Carreira Profesional
· Supresión do sistema de ascensos por antigüidade.
· Creación dunha categoría máis barata para o persoal de nova entrada.
· Creación dun novo nivel de técnicos. Reducir niveis administrativos.
Xornada e horarios
· Negociar a nivel de cada empresa. Desgraciadamente, xa é así polos distintos acordos de implantación da xornada flexible.
Mobilidade xeográfica
· Ampliar a 50 quilómetros.
Réxime Disciplinario
· Endurecer as sancións.
O pasado mes de xullo o Parlamento Europeo aprobou a Directiva 2010/76 de “Retribucións dos banqueiros”, que regula as retribucións variables; o Goberno Central adiou conscientemente a transposición desta Directiva ata o pasado venres 3 de xuño, permitindo ás cúpulas bancarias tomar medidas co fin de eludir a citada norma europea.
Nos últimos meses numerosos directivos bancarios incrementaron a parte fixa das súas retribucións. Podemos afirmar que ningún alto executivo conxelou os seus salarios fixos, tal e como propoñen agora facer cos nosos. Nunha nota posterior daremos conta das subas salariais polas que, nalgún caso, a retribución fixa pasou do 37% ao 50% da total.
Mentres os beneficios medraban o 30-40% ao ano, os nosos salarios medraban só un 2%. Dende a CIG xa anunciamos que non estamos dispostos a ningún tipo de recorte nin conxelación dos salarios dos traballadores e traballadoras da banca. Ese é o noso compromiso público.
Galiza, 8 de xuño de 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario