24 de ago. de 2011

Espírito gañador

BANESTO recibiu numerosos premios pola súa xestión. Segundo a publicidade que lle entregamos á clientela ten o premio EUROMONEY 2010 AWARDS FOR EXCELENCE ao mellor banco do Estado español no 2010; ten a EXCELLENCIA EUROPEA 500+; ten varias “Champions” outorgadas por revistas económicas....

BANESTO está experimentando unha nova e luminosa fórmula de xestión este verán. Seguen estritamente o acordo de conciliación da vida laboral e familiar e “obriga” á metade do cadro de persoal a coller vacacións en xullo e á outra metade en agosto. Son os dous meses familiares BANESTO; os outros dez, son meses BANESTO mañá, tarde e noite. Se a isto lle engadimos os recentes recortes salvaxes de persoal, fai que o traballo sexa imposible de facer.

Os nosos xestores, e aquí radica a novidade, sempre buscando como dar un mellor servizo á clientela, dan un paso máis: deciden pechar unhas oficinas ou abrir un par de horas outras, determinados días; “obrigan” a coller vacacións ao persoal e traspasar o negocio a outras próximas. Sen apenas traballadores/as, sen compañeiros/as desas oficinas que coñezan aos clientes/as, cunha normativa non clara que leva a equívocos, estaremos atentos, porque non aceptaremos ningunha medida represiva por erros motivados por esta ciscada.

Os clientes que din “SODES UNHA BANQUETA”, “ISTO SÓ PASA EN BANESTO”, ¿TAN MAL ESTADES?, “PARECEDES UN BAR”, etc., etc., etc.

E mentres tanto, a cola sae pola porta, o/a cliente/a tarda unha hora en facer a súas xestións porque a súa oficina esta pechada, a outros/as se lles di o de “isto só se pode facer en setembro”, e hai compañeiros e compañeiras que, por vergoña profesional, están nas oficinas máis tempo do establecido porque nun par de horas non son quen de atender á clientela. BANESTO converteuse nunha empresa de servizos, sen persoal para dar servizo. O espectáculo é memorable.

En setembro, o luminoso xestor que pariu este proxecto, recentemente aterrado das súas “merecidas” vacacións pensará: “La hostia, es que soy la hostia, pero la hostia la hostia, merezco un premio”.

“OF COURSE”

Galiza, 24 de agosto de 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario