8 de dec. de 2011

Novos tempos, tempos salvaxes

“Buen día, adjunto te envío fichero de seguimiento que debes remitirme diariamente antes de las 18:45h con la información de las gestiones con FARMACIAS que has realizado en el día.
Por favor envía copia a la Dtra. Territorial y a tu Dtor@. de Zona.
El carácter de cierre y las gestiones que realices tendrán una importancia capital para tu Zona, por lo que si tienes alguna duda, por favor llámame.”
--------------------------------------------------------------------------
Isto é o que temos, o que roemos cada día. En pleno século XXI non avanzamos nada. Dende o noso sindicato xa temos manifestado á dirección da empresa, na UTR de Galiza e aos responsables de RR.HH. en Madrid, a nosa incredulidade polo que ten que ver con este sistema de traballo que padecemos xa en Galiza de antigo e que ninguén se atreve a cambiar.
Ante unha comunicación deste estilo, facemos unha pequena análise:
• No que se refire a “las 18:45h”, é cuestión que corresponderá a actuación da Inspección de Traballo.
• En canto a “debes remitirme diariamente” amosa unha clara incapacidade para interpretar os medios técnicos e informáticos dos que se dispón. Esta información é facilitada directamente polo sistema.
• Non parece que haxa autoridade profesional para implantar a sistemática comercial do Banco (dedícanse a matar “marcianitos”).
• Non se aporta, en ningún caso, valor engadido que facilite ao persoal da rede a consecución dos obxectivos.
• Seguen a utilizarse as vellas prácticas do látego e da presión inútil, que supón a perda dun tempo considerable aos compañeiros e compañeiras das minguadas oficinas, sen que isto implique resultado positivo algún. Enrédase ao persoal contestando e cumprimentando arquivos, listados, caixas diarias, correos electrónicos e demais inventos para facilitar unha información da que xa eles dispoñen nas súas pantallas en tempo real.
Nestes tempos de crise total, na que a actividade bancaria e unha das máis difíciles e esixentes do mercado, consideramos que estas vellas prácticas son a principal eiva desta nosa UTR, na que os seus directivos fan o de sempre para arranxar os problemas novos: Non saben, e padecémolo todos.
Disque é tempo de cambio. Xa e hora de que os boten!!!
Galiza, 1 de decembro de 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario