O pasado 14 de novembro comezamos coas mobilizacións ante a situación dos convenios de caixas e banca, e contra o proceso de reconversión do sector financeiro, impulsado polo Goberno e Banco de España, que afecta a milleiros de postos de traballo.
Con reconversión non hai empregabilidade
Produtividade
Salarios
As Direccións insisten nas mesas de negociación en que temos que arrimar o lombo para contribuír a salvación das empresas, pero manteñen os seus salarios e indemnizacións estratosféricas. A alta Dirección do Santander cobra 67 millóns de euros anuais, Francisco González do BBVA que ten 66 anos mantén un plan de pensións con 79 millóns de euros (13.144 millóns de pesetas). Tres altos executivos de Bankia cobraran máis de 10 millóns de euros.
As patronais non precisan negociar, só o farán se as obrigamos a facelo, e para iso, hai que moverse, non vale quedar parados. O tempo do sindicalismo de concertación pasou, hai que mobilizarse.
Galiza, 15 de novembro de 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario