26 de mar. de 2012

Calar ou Berrar

"Vivimos en un estado CONSTITUCIONAL perfectamente ordenado ................. por tanto a CALLAR!". Esta frase transcrita, non literalmente, pero respectando con precisión Suíza a idea que quixo transmitir a súa autora (unha representante das máis altas maxistraturas do Estado español que acadou esa posición tras o esgotador e incrible traballo de NACER), é un magnífico resumo do país no que vivimos.

A Reforma laboral aprobada "necesaria, equilibrada y justa" pretende, como se escribía recentemente, botarlle a culpa dos coches mal aparcados aos peóns que pasean pola rúa. Os causantes da crise financeira son os traballadores, polo tanto, DESPIDO LIBRE, BAIXADA DE SOLDOS e a ¡CALAR!O día a día é dramático, pero sempre temos dúas opcións, "CALAR" ou "BERRAR". Podemos adormentarnos, comportármonos como cordeiros ou tomar a iniciativa, ser protagonistas.

A CIG é unha canle, non o única, para alzar a voz, para ser cidadán, para trocar o futuro que nos queren impor como inexorable, como verdade revelada, cando en realidade só é unha opción. O primeiro berro vai ser o 29 de Marzo próximo. BERRA !!!

O noso sector está nun proceso de reconversión brutal onde din que sobran miles de compañeiros e compañeiras. Só unha resposta firme e unida dos traballadores e traballadoras pode parar o golpe, por iso pedimos a AFILIACIÓN a CIG.

CALAR ou BERRAR, a responsabilidade do que aconteza no noso sector, no noso país será túa, depende da túa gorxa.

Mira o noso blog: http://banestocig.blogspot.com.es/

Galiza, 23 de marzo de 2012

Máis información en: http://www.folgaxeral.info/

Ningún comentario:

Publicar un comentario