15 de out. de 2012

Tan mal está Banesto?


As entidades financeiras que recoñeceron publicamente que están mal, negocian ERE’s e modificacións substanciais das condicións de traballo. Estes ERE’s e modificacións substanciais que negocian as empresas que recoñecen publicamente que están mal, inclúen as seguintes cuestións:
1.    Prexubilacións.
2.    Baixas incentivadas (despedimentos pagados).
3.    Mobilidade xeográfica.
4.    Peches de centros de traballo e reducións de persoal nas oficinas.
5.    Recortes salariais.
Curiosamente o Banesto está aplicando, unilateralmente, é dicir, sen negociar:
1.    Prexubilacións.
2.    Baixas incentivadas.
3.    Mobilidade xeográfica.
4.    Peches de centros de traballo e redución de persoal nas oficinas.
5.    Recortes salariais (vía Convenio Colectivo, non compensados a nivel de empresa, e tamén a través da desaparición e recorte dos complementos).
As entidades que están mal ou moi mal, queren convencer aos traballadores e traballadoras da necesidade de arrimar o lombo para que estendan a xornada laboral; no Banesto visítase individualmente para explicar que é preciso traballar polas tardes”.
As políticas comerciais das entidades que están mal ou moi mal, dan imaxe de ser á desesperada, facendo correr aos traballadores e traballadoras atrás dos clientes coa lingua fóra. O que diferenza a política comercial do Banesto é que iso non o facemos dende que comezou á crise, vén de lonxe.
Menos mal que o que fai Banesto non transcende; con estes vimbios alguén mal pensado diría que forma parte do pelotón dos torpes, e podería preguntarse: Tan mal está o Banesto?
Pero todos e todas tranquilos. Podemos estar orgullosos, se nos despiden, trasladan ou nos recortan os salarios, faino unha Entidade do Grupo Banco Santander “o mellor banco do mundo mundial”.
Galiza, 3 de outubro de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario