23 de nov. de 2012

Banesto, cal é o futuro?


Banesto pecha 50 oficinas máis e suman 300 as oficinas pechadas, un suma e sigue. E si, seica hai un acordo e non sei cantas cousas máis, asinado en Madrid. Pero o grave de todo isto é que a Entidade segue pechando centros de traballo e deixando os que non pecha nunha situación límite, dificilmente sostible en canto a dotación de traballadores/as, e desfacéndose de persoal a través dun ERE encuberto.
Preocúpanos esta estratexia de peche a pingas, de redución do tamaño da Entidade, que xera dúbidas sobre o futuro.

O futuro pasa por medrar ou desaparecer. Semella que Banesto agarda poder sentarse no banquete que se abrirá nos vindeiros meses, para engordar a base de ex-caixas.
O problema será se Bruxelas, que agora manda no sistema financieiro dende a aprobación do MOU (Memorandum of Understanding), decide abrir o mercado financeiro do Estado, rematando co proteccionismo que favoreceu aos grandes grupos bancarios españois. Se Europa pon o diñeiro pode esixir que se abra o mercado a grandes grupos bancarios do resto de Europa, dando entrada no festín a bancos alemáns, franceses, etc.
Cal sería a posición dun Banesto reducido ata a extenuación, se non pode engordar no festín da reestruturación? Só quedaría un camiño, ser absorbido pola matriz.
Por iso nos preocupa o permanente peche de centros de traballo: por unha parte, porque implica unha redución mais do cadro de persoal vía despedimentos, pero tamén porque o futuro para os e as que quedamos nesta casa non está nada claro.
Señores da Dirección: reducir a capacidade comercial non é un aforro de custes, é reducir a capacidade de competir cando, ademais, parte da competencia está máis feble
-Pero en fin... que pechan outras 50 oficinas e que ¡¡¡ aquí no pasa nada !!!

Galiza, 22 de novembro de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario