9 de abr. de 2013

11 abril:Concentracións da CIG contra as novas Reformas do Goberno

O Goberno Central aprobou un novo paquete de reformas laborais que


teñen unha gravísima incidencia no mundo do traballo e nomeadamente no

sector financeiro. As Entidades Financeiras foron as máximas beneficiarias

da Reforma Laboral, facilitando despedimentos colectivos e abaratando os

seus custes. As novas reformas agravan esta situación.

Xubilación anticipada involuntaria: As persoas despedidas con máis idade son as

que teñen máis difícil a reinserción no mundo laboral, e agora terán aínda máis

obstáculos para acollerse á xubilación. Increméntase o custe das prexubilacións vía

ERE ,que se están utilizando en todos os sectores en crise, tamén no financeiro.

Poderán realizarse con 4 anos máximo de anticipo sobre a idade de xubilación que

corresponda en cada caso. Modifícanse tamén os coeficientes redutores.

Subsidio desemprego para maiores de 55 anos: Na anterior reforma subiron de 52

a 55 anos a idade de percepción, agora eliminan o cobro en base aos ingresos da

unidade familiar. É unha medida que penaliza as persoas con máis dificultade a

hora de atopar traballo.

Endurecemento dos ERE: Ante calquera expediente de Despedimentos Colectivos os

sindicatos tratabamos de incluír voluntariamente ao persoal maior de 55 anos,

incrementando a indemnización, implantando así prexubilacións ou sistemas

semellantes menos traumáticos. Coa reforma penalizan as prexubilacións, polo que

haberá máis despedimentos e centraranse no persoal menor de 55 anos.

Impacto dende perspectiva de xénero: O Tribunal Europeo tiña ditado sentenza

declarando discriminatorio o modo de cálculo das prestacións nos contratos a

tempo parcial. Malia esta sentenza, o PP endureceu agora os criterios para acceder

ás xubilacións no caso das mulleres con contratos a tempo parcial.

Mobilízate con nós!!!

Concentracións:

Ás 20:00 horas

A Coruña, na Subdelegación do Goberno

Compostela, na Praza do Toural

Ourense, diante da Subdelegación do Goberno

Pontevedra, na Praza da Peregrina

Vigo, na farola de Urzaiz

Lugo, diante da Subdelegación do Goberno

Ás 19:00 horas

Ferrol, na Praza do Concello

Ningún comentario:

Publicar un comentario