27 de xuño de 2013

Mobilización da CIG na Coruña

A Dirección do Banco Santander man-tén a súa intención de aplicar o lesivo ERE ilegal aos seus traballadores e traballadoras. Foi por iso que a CIG mantivo a mobilización anunciada. 

O 26 de xuño, ás 11:00 da mañá, delegados e delegadas da CIG concentráronse diante da oficina situada no Cantón Grande da Coruña.

A sonora protesta, que durou unha hora, é a primeira mobilización contra a intención do Banco de promover despedimentos en Galiza. “Non son recursos, non son humanos, son os que enchen as colas do paro”, “non aos despedimentos no Banco Santander”, “este ERE é un roubo”, “Emilio Botín ao paro vaite ti”, foron algúns dos berros máis coreados. 

Moitas persoas se achegaron para interesarse polos motivos desta concentración diante do Santander. “Os que despiden non son os bancos que están mal?”, inquiriu un viandante. O calendario de mobilizacións non fixo máis que comezar. 

Nova e galería fotográfica aquí.

Nova Ideal Gallego aquí.

La Voz de Galicia aquí


Ningún comentario:

Publicar un comentario