27 de xuño de 2013

Despedimentos no Santander = Conflito na Galiza

O Banco Santander, despois da integración do Banesto, ten iniciado un ERE a través do cal pretende despedir en Galiza. Xa ten seleccionadas ás persoas das que quere prescindir, e todos e todas coinciden no perfil: son excelentes traballadores e traballadoras cunha traxectoria impecable na Entidade.


Malia a crise económica, o Grupo Santander (Banco Santander/Banesto) tivo uns beneficios insultantes: 1.205 millóns de euros no primeiro trimestre do 2013.

Con todo, e por causas económicas non explicadas, decidiu a fusión das tres marcas do grupo: Santander, Banesto e Baniff. Ao amparo desa fusión pretende levar adiante un Expediente de Despedimentos Colectivos alegando causas organizativas. Un expediente que se instrumenta aplicando a reforma laboral.

Este ERE é aberto, non ten limitación de afectados/as; pretende despedir e, unha vez completada a lista e en base ao número definitivo, iniciar o procedemento legal. Para iso contou coa colaboración de CCOO, UGT e os sindicatos amarelos.

Nos últimos días, comunicáronlle a varios compañeiros e compañeiras que o Banco non conta con eles e que, polo tanto, están chamados a formar parte da cola do paro. Non importa a situación familiar (hai persoas con fillos e fillas menores), nin o cumprimento no traballo. Non contan contigo e punto.

Estes despedimentos descarnados contrastan co tratamento ao recentemente dimitido Conselleiro delegado: xulgado, condenado pola Xustiza e indultado polos Gobernos, marchou prexubilado con 100 millóns de euros (16.663 millóns das antigas pesetas).

Son despedimentos inxustos e por iso a CIG convocou unha primeira mobilización para o 26 de xuño diante do Banco Santander na Coruña.

Defenderemos todos e cada un dos postos de traballo no Grupo Santander!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario