4 de xul. de 2013

1º Comunicado período de consultas: O Santander fixa o número de despedimentos en 286 persoas


Cando o Banco Santander anunciou a fusión das tres marcas do Grupo, o Director Financeiro da Entidade anunciou que “en ningún caso el grupo se plantea realizar ERE’s”. Despois de 7 meses, estamos negociando o Expediente de Despedimentos Colectivos que afecta en Galiza a 17 persoas (10 Santander e 7 Banesto).

As 12 da mañá do 3 de xullo de 2013, na Cidade Financeira en Boadilla do Monte (Madrid), iniciouse o período de consultas para poñer en marcha o 1º Expediente de Despedimento Colectivo do Banco Santander.

Un Expediente Colectivo debería ter coma obxectivo facer viable unha empresa, pero este non é o caso: o Santander ten beneficios e o persoal afectado son 286 persoas sobre un cadro de persoal de 28.000. Por iso temos o convencemento de que estes despedimentos só teñen como obxectivo amedrentar ao cadro de persoal, e os criterios de selección responden a vendetas persoais. Os asinantes facilitan os abusos e a persecución laboral.

O período de consultas ten coma obxectivo legal minimizar o impacto dos despedimentos. Dende a CIG propoñemos medidas alternativas coma o reparto do traballo, o cumprimento dos horarios, unha correcta dotación das oficinas, etc. Sabemos que o Banco non aceptará ningunha, o seu obxectivo é outro.

Nota: Ao longo da reunión ao Banco Santander e aos seus sindicatos, se lles encheu a boca falando da “voluntariedade” do proceso. Aquí todo o mundo sabe como foron as cousas: son eles os que quedan en evidencia e cuestionan a súa propia credibilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario