3 de xul. de 2013

O Banco Santander quere despedir a 286 persoas

Hoxe celebrouse a reunión convocada polo Banco Satander en Madrid para dar inicio ao período de consultas preceptivo do Expediente de Despedimento Colectivo. A Dirección mentiu cando anunciou a fusión.

A Dirección do Banco comunicou formalmente que os despedimentos afectan a 286 persoas en toda a rede, sobre un cadro de persoal de 28.000. A pregunta é si precisa o Santander despedir ao 1% do persoal para viabilizar a fusión, nos seguimos insistinto que non, que caben outras alternativas.

Non se trata de despedimentos para viabilizar unha empresa que ademais ten beneficios, só pretende sementar o medo e a incerteza entre o cadro de persoal e responde a vendettas persoais de determinados xefes. Para iso non estan os ERE´s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario