15 de maio de 2015

Flexiworking

"Santander, digame"
O pasado dia 11 de maio a CIG participou na reunión convocada pola empresa para presentar o “flexiworking”. Nun exercicio de opacidade non entregou un só documento. 

Mais ala da palabrería habitual con que se envolven agasallos velenosos, é da moda “pija” da utilización de verbas anglosaxonas, o que pretenden o Banco Santander é implantar o que poderíamos denominar “traballo por obxectivos”, quero que me fagas este traballo e non me importa o que tardes en facelo, é o teu problema.Un sistema contra as persoas e inxusto, que só ten coma obxectivo incrementar o beneficio. 

 Asignarán maiores obxectivos comerciais individualizados, desvincunlando estes dos horarios. Teras que chamar ao clientes que che digan, co fin de colocar o mínimo de productos que che esixan. Si fas 9,10 ou 15 horas diarias para cumprir o encargo dos teus superiores á Dirección dalle igual. 

Como levamos advertido ao longo da negociación do novo Convenio, a patronal bancaria teima en afondar no lesivo modelo comercial que padecemos os cadros de persoal e a clientela “presión sen límites para colocar productos que a clientela non demanda”. O Banco Santander sitúase á cabeza, quen racha o horario da banca privada non é Bankia, é o Santander. 


O traballo por obxectivos, ten un grave impacto sobre a saúde laboral (estrés, depresión, ansiedade, dor de costas, de pescozo, etc), o Santander tamén despreza a nosa saúde na procura do seu beneficio. 

Os traballadores e traballadoras temos dereito a que se estableza un horario que cumpra a lexislación; que se establezan controis horarios e a que se retribuían as horas extras. Dende a CIG defenderémolos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario