15/05/2015

Queremos galego, queremos traballo aquí.

As grandes empresas subministradoras de servizos e bens, continúan coa carreira incansable por deslocalizar os postos de traballo a terceiros países. 

En moitos casos obrigan á clientela a falar español, negándolle a atención en galego; así poden atender dende fóra (América Latina, Marrocos, etc.). 

Nós queremos que as persoas sigan traballando aquí, por iso temos en marcha unha campaña para demandar que se recoñeza por Lei o dereito da clientela a ser atendida en galego, e para concienciar á sociedade da importancia de reconquistar para o galego o espazo de relación entre empresas e clientela. Falando galego creamos emprego! 

Podes colaborar a título persoal reclamando como clientela e espallando nos teus círculos sociais a campaña polo dereito á atención en galego. Tamén sairemos o 17 de maio á rúa apoiando as mobilizacións convocadas por “Queremos galego”. 


Mobilizacións 17 de maio de 2015, ás 12h:
Vigo: Cruce da Vía Norte con Urzaiz
A Coruña: Diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga)
Ourense: Praza da Imprenta
Santiago de Compostela: Praza das Pratarías
Ferrol: Praza do Cruceiro (Canido)
Pontevedra: Praza da Peregrina
Ribadeo: Catro Rúas
Lugo:11.30 Praza Anxo Fernández (tras o concello)

Ningún comentario:

Publicar un comentario