Homologación salarial:
Durante o período de negociación previo insistimos en aprazar a homologación das condicións laborais do persoal que se incorpora ao Santander, reiteramos a nosa proposta. Non ten sentido despedir a persoal por un lado e subirlle o salario a outros traballadores/as ao mesmo tempo.
Medidas de recolocación interna:
Creación de equipos volantes encargados de reforzar as oficinas e dar cobertura en casos de absentismo. Estes equipos terán como mínimo un número de persoas que permitan cubrir as saídas por vacacións e as baixas por enfermidades medias do ano anterior.
Creación de equipos de apoio comercial á rede, estes equipos terán como función principal os traballos vinculados a campañas comerciais específicas.
Apertura dunha negociación para establecer os criterios de dotación de persoal das oficinas, entre outros criterios terase en conta o número de operacións/empregado. Esta negociación deberá estar rematada antes do 31/12/2013.
Control horas extras:
Creación dun rexistro horario nas oficinas no que se totalizaran as horas realizadas polo persoal, vinculado a actividade dos ordenadores das oficinas e SSCC e Territoriais. Mensualmente a Entidade remitirá ás Seccións Sindicais e aos Comités información provincial das operacións realizadas fora do horario. Cando nunha oficina ou departamento se constate a realización de horas extras de xeito habitual se procederá a dotala correctamente de persoal.
A reestruturación non se fará a conta de diñeiro público
Dado que o Banco Santander é unha Entidade solvente e con capacidade suficiente para xerar beneficios, calquera medida de redución do cadro de persoal se realizará a través de prexubilacións para evitar cargar a reestruturación sobre as arcas públicas, nomeadamente para evitar o pago das prestacións de desemprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario