As baixas son vender o emprego |
Os motivos económicos que levaron a fusión
das marcas non están aclarados. Os culpables da situación son outros (que
nalgún caso cobraron indemnizacións dun banco do grupo, e seguían traballando
noutro), pero as consecuencias da mala xestión pagarémola os traballadores e
traballadoras.
Durante todo o período de consultas legal
do ERE, a preocupación da CIG foi poñer por riba da mesa alternativas para que
o proceso de reestruturación, aberto pola Dirección do Banco Santander, tivera
o menor impacto laboral posible. Non foi posible, a empresa contaba coa
complicidade de outros.
Preocúpanos o futuro daquelas persoas que,
despois de ser apuntadas pola Dirección para ser despedidas, non aceptaron a
“xenerosa” oferta do banco. Moito nos tememos que nalgúns casos a
“voluntariedade” quedará retratada nos vindeiros meses. En todo caso a CIG
defenderá a todos e a todas.
Preocúpanos tamén o futuro de todo o cadro
de persoal, toda vez que o banco poderá trasladar arbitrariamente a quen queira
e a onde queira; e poderá desfacerse de persoal sen ningún tipo de control, a
través da “recolocación” noutras empresas.
Pensamos que non hai un “excedente” de
persoal, e ademais, é un despropósito que algúns pretendan amosar coma un éxito
o ERE, e digan que foi voluntario na súa maior parte. Aínda que fose así, que
haxa persoal que farto de aturar un clima laboral perverso prefira marchar da
Entidade, debería ser un motivo de alarma sindical, nunca de alegría. Ademais
todos e todas coñecemos persoas que decidiron marchar ante o medo a ser
perseguidas, trasladadas ou algo peor; voluntarios nin para comer.
En definitiva, a CIG non asinou o
Expediente de Despedimento Colectivo do Banco Santander, un banco con
beneficios que, no canto de prexubilar, despide utilizando a reforma laboral.
Os postos de traballo non se venden, deféndense!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario