O
pasado 21 de outubro, tivo lugar en Madrid a 2ª reunión para tratar a proposta
do Banco de modificar horarios en segmentos especializados como son Empresas, Banca privada e a rede de
Banif, para poder aplicala a partires do vindeiro mes de novembro.
Polo
que ten que ver coa aplicación do horario do art. 25.3 do Convenio Colectivo
para as oficinas de empresas:
"Alternativamente,
establécese o horario partido que figura a continuación:
- Luns a xoves: 8 a 17
horas, con 1 hora de pausa para o xantar.
- Venres: 8 a 15 horas, nas
que están computados como de traballo efectivo os 15 minutos diarios de
descanso obrigatorio.
- Do 23-V ao 30-IX:
* Luns a venres: 8 a 15
horas, nas que están computados como de traballo efectivo os 15 minutos diarios
de descanso obrigatorio.
- Libranza de todos os sábados do ano."
Nós requirimos
que, para poder asinar este acordo, tería que ser aplicado o artigo na súa
totalidade, é dicir, que inclúa inescusablemente a segunda parte onde se
expresa a voluntariedade para o/a traballador/a:
O horario partido será voluntario e
ofrecerase por cada empresa aos empregados que estime conveniente. As
aceptacións recibidas non poderán aplicarse en máis do 25 por cento dos centros
de traballo de cada Empresa, nin supor máis do 25 por cento dos empregados de
cada banco.
Tamén
deixamos constancia na mesa de que a CIG non está a favor dos desregulamentos
dos horarios, senón moi ao contrario, pola esixencia e a vixilancia do “escrupuloso
e estrito cumprimento dos mesmos”, tarefa a que invitamos a todos os participantes
na negociación. Así mesmo, incidimos en que, en calquera dos casos, se respecte
o tope legal das 1.700 horas anuais.
No
que toca á Banca Privada e a Banif, o Banco propón variacións (1/2 hora) nos
horarios de entrada e saída, sen alterar o número de horas que ao final do ano
se cumprirán, que varían segundo o mes en que o/a traballador/a disfrute as
súas vacacións. Chegado este punto, as diferentes maneiras de calcular, dun
lado a empresa e do outro os sindicatos, deixan no aire e para unha próxima
reunión os posibles achegamentos de criterios para “acordar” algo.
Na CIG o que temos claro é que no Banco
Santander S.A. en Galiza, os horarios que se están a levar a cabo por expresas
orden e vixilancia diaria dos cadros de mando exceden de moi, pero que de moi largo,
as 1.700 horas anuais, e así mesmo todos e cada un dos horarios legais
establecidos no Convenio Colectivo e nos acordos de empresa, tanto na rede,
como en oficinas de empresas, como en banca privada, etc.
Polo
mesmo insistiremos no necesario control dos horarios na vindeira reunión que se
prevé para a próxima semana, da que vos daremos cumprida información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario