Ante a situación que
se presenta para determinado persoal nas xornadas previstas pola empresa para a
Migración, que “obrigará” a que teñan
que ir ao traballo en días non laborables e polo tanto fóra de toda normativa existente
(se ben entendemos e asumimos que os procesos informáticos son complicados e
han facerse en xornadas “inhábiles”), o
que si esiximos a empresa e así
llo comunicamos a Dirección de Relacións Laborais no transcurso da reunión
mantida en Madrid o pasado 21 de outubro, é
o establecemento e regulación dunha compensación determinada e xenerosa en
tempo de descanso para as persoas afectadas.
A empresa contestou que tal compensación
efectivamente existirá e, nese senso, llo teñen comunicado aos responsables de
RR.HH das diferentes territoriais que en cada momento afronten esta situación.
Como non se nos
especificou o grao de compensación (é un caso extraordinario traballar en día inhábil,
e non hai ningunha regulación legal), insistiremos
reclamando a información necesaria e concreta para que poidades saber o tempo
de descanso que poderedes reclamar por se acaso aos/as “responsables” de
RR.HH. de Galiza se lles esquece facérvolo saber de oficio.
Así é que,
informarémosvos dos detalles que nos facilite a empresa neste asunto, pero nun
principio xa sabedes que poderedes
compensar “dalgún xeito” ese tempo que empreguedes os días 9 ou 10 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario