F.M.B.H, veciño de Vigo, de 47 anos, vello coñecido dos sindicatos por
ser reincidente nos comportamentos de presión contra os
traballadores e traballadoras, foi identificado por delegados da CIG
coma o responsable de abusos contra persoal. Os feitos ocorreron ás
17:00 horas do pasado 8 de xullo na cidade de Vigo, nas instalacións
da propia Entidade.
F.M.B.H.convocou a persoal do Banco Santander a un Comité de zona ás 17:00
horas, con previsión de alongarse ata as 18:30; previamente ese persoal
cumprira a súa xornada laboral e o seu traballo. A reunión, finalmente, durou
aproximadamente 2 horas.
Cando o persoal chegou ao local, viu que foran retiradas as cadeiras e non
había posibilidade de sentarse. Foi entón cando F.M.B.H., abusando do seu
cargo, anuncioulles que terían que permanecer de pé ao longo da reunión e
sen apoiarse, “quiero que esteis atentos a mi intervención y que la recordeis
siempre”.
Previamente, nun xesto de humanidade sen precedentes, preguntou
se había algunha embarazada na sala.
Durante 2 horas deu unha paliza considerable ao persoal, lembrando en todo
momento que tiñan prohibido apoiarse, que debían de permanecer de pé.
Este
comportamento vai máis alá do laboral, é un trato humillante, despectivo e un
maltrato físico e psicolóxico ao persoal. Só o medo a perder o posto de traballo
e a outro tipo de represalias podería explicar que o persoal aturase as dúas
horas de pé na sala.
Temos reclamado de Dirección Persoal de Madrid que investigue os feitos e
actúe ante esta actuación, non admitiremos baixo ningún concepto máis
abusos de poder.
Os abusos dentro das instalacións do banco, non quedarán no banco.
Se fai
falta, na próxima reunión que convoque, delegados/as da CIG estaremos
sentados, para que a clientela de Vigo coñeza que clase de Directivos ten o
Santander.
Galiza, 11 de xullo de 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario