Nas visitas habituais que facemos ás oficinas do Banco
Santander todo o mundo pensa que na súa oficina falta persoal, a realidade é
que falta en todas.
- Banco Santander é unha máquina de destrución de emprego, a nivel estatal nos últimos 18 meses reduciuse o cadro de persoal en 4.697 persoas.
- Somos un 16,6% menos para atender e xestionar un negocio crecente.
- Dende a fusión do Santander e o Banesto en Galiza pasamos de 1.130 persoas ás 984 actuais.
- A nivel galego a redución levou a que a nova Entidade non figure entre as empresas con mais de 1.000 traballadores e traballadoras.
- A redución do cadro de persoal solventouse cunha extensión ilegal da xornada laboral, unha maior carga de traballo, unha maior mobilidade xeográfica.
- O estrés e as enfermidades ligadas, son unha “praga bíblica” sobre o cadro de persoal da Entidade. Os riscos psicosociais non se avalían, nin se lles fai seguimento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario