Na reunión do 12 de maio, que coincidiu no tempo co Acordo de contención salarial
asinado pola CEOE‐CCOO‐UGT, a AEB fixo unha avaliación das plataformas
presentadas pola parte social.
Vixencia: AEB, CCOO e UGT coinciden en 4 anos.
Emprego: Non consideran necesarias incorporacións sobre a calidade dos contratos.
Non ao período de proba de 3 meses. Relevo xeracional: non hai que incorporalo ao
convenio.
Clasificación categorías, horarios e estrutura oficinas: Tal e como advertimos, queren
afondar no modelo comercial que consiste en que coloquemos produtos que a
clientela non demanda. Así, a súa posición nestas materias só consiste en reclamar a
necesidade de “flexibilizar” as condicións laborais empeorando as mesmas. É dicir,
unha maior flexibilidade nas funcións, avanzando na polivalencia (que todos e todas
fagamos o mesmo pero que cobremos distinto, nomeadamente as mulleres), na
flexibilidade horaria, etc.
Salarios: Desbotan a nosa proposta de suba lineal, que estes seguidores de doutrinas
económicas do século XIX cualifican como ¡¡obsoleta!! Rexeitan tamén a nosa proposta
de premios de antigüidade e non están dispostos a eliminar o tope máximo de
participación en beneficios.
Conciliación e Igualdade: Chegado o momento farán unha proposta concreta.
Mobilidade: Manteñen ampliala a 50 quilómetros (con compensación a partir dos 25)
e que os traslados que superen esa distancia sexan regulados pola lexislación de
mínimos do E.T.
Para resumir, agradecen propostas presentadas pero pensan que debemos reflexionar
ao respecto, para que o Convenio sexa o acaído para o sector e que “lle permita a súa
propia supervivencia”.
Señores e señoras da patronal: Quizais algún día os “bitcoins” sexan a moeda oficial e
a clientela se auto atenderá totalmente a través de novas tecnoloxías prescindindo
dos bancos, pero hoxe, máis alá da burbulla tecnolóxica que algúns alimentan,
continuamos no euro, e o 85% da clientela é atendida pola rede comercial. O
Convenio de banca regula as condicións laborais do persoal da rede e servizos
centrais (o persoal da banca online ou telefónica está fóra, malia as nosas
reivindicacións), non somos persoas virtuais. Deixen pois de utilizar a banca‐ficción
para tentar recortar as nosas condicións laborais!!!
Galiza, 13 de maio de 2015
Nota: O Banco Santander xa pretende implantar a xornada flexible, non lle importan os
horarios; haberá unha carga de traballo a realizar, leve o tempo que leve!
Ningún comentario:
Publicar un comentario