Escoitaches falar da
xente que asina nóminas de 1.000 euros e cobra 500? A ti pásache algo
semellante. A maior parte do persoal do Banco Santander está sufrindo ese tipo
de prácticas cando realiza horas extraordinarias que non son pagadas, nin
compensadas con libranza.
Hai
xente que pensa que está por riba do Convenio Colectivo grazas aos complementos
“voluntarios”, pero realiza horas extras sen control e máis alá do límite
legal. Compensa o que pagan? Estás por riba do convenio? É doado de calcular.
Custe
estatístico horas extras e importe a cobrar MENSUAL segundo horas extras
realizadas á semana (en euros)
Custe hora
extra
|
2 horas
semanais
|
3 horas
semanais
|
5 horas
semanais
|
|
20.000 euros
|
20,59
|
164,72
|
247,08
|
411,8
|
25.000 euros
|
25,73
|
205,84
|
308,76
|
514,6
|
30.000 euros
|
30,88
|
247,04
|
370,56
|
617,6
|
35.000 euros
|
36,03
|
288,24
|
432,36
|
720,6
|
Ten en conta que se a empresa te convoca a unha reunión ou
curso fóra da xornada laboral, nun centro de traballo distinto do teu, o
desprazamento ten tamén a consideración de horas extraordinarias.
Ademais, as nosas
horas extras non pagadas permiten á empresa reducir persoal, poñendo en perigo
os postos de traballo, tamén o teu.
Para
evitalo as horas extras están limitadas por Lei a un máximo de 80 horas anuais,
un límite que o Banco Santander tamén se salta pola falta de rexistro.
As
horas extraordinarias son unha fraude á Seguridade Social (non se cotizan) e a
Facenda (non se tributan). Son realizadas por presión dos superiores ou por
exceso de traballo. A CIG non quere que che obriguen a regalarlle a túa vida ao
banco, o noso tempo de lecer é a nosa vida.
Por
todo isto, a CIG
presentou un conflito colectivo contra unha Entidade na Audiencia Nacional. Agardamos
a sentenza antes de presentar novas demandas contra outras empresas
fraudulentas que non rexistran a xornada efectiva, nin rexistran as horas.
Galiza,
novembro 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario