Os norteamericanos acuñaron o termo “fast food” (comida rápida), o que
aquí coñecemos como “comida lixo”; o seu antagónico é o “slow food” (comida
lenta), que vén sendo a “comida de calidade”.
Para a nosa sorpresa, CCOO
desembarcou na Mesa do convenio do día 12 de novembro cunha proposta dun
“convenio rápido” (convenio lixo) que, segundo eles, transmita tranquilidade ás
autoridades financeiras europeas e españolas, fronte ao inicio en xaneiro da
nova reestruturación.
AEB, moi cómoda con ese
escenario, fixo unha serie de propostas para avanzar nun convenio “low cost”:
- Queren avanzar no abaratamento dos salarios do persoal novo a través de recortes na carreira profesional: crearían unha nova categoría inferior en cada un dos grupos profesionais, cun recorte salarial do 25% sobre os salarios actuais.
- Fixeron unha nova proposta para modificar o método de cálculo das pagas de beneficios.
- Farán unha nova proposta para recortar a antigüidade e ampliar a mobilidade xeográfica (50 km.)Cabe preguntarse como, ante a sobrecarga de traballo que sufrimos, e ante ese novo escenario de fusións, os sindicatos estatais non entran en fórmulas de reparto do traballo: traballar menos horas para traballar máis xente.Nós miramos a Suecia, onde se está a experimentar a xornada de 6 horas. A patronal mira ao século XIX.Por iso, o 13 de novembro mobilizarémonos de novo.A vindeira reunión será o 1 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario