Convenio
Colectivo Banca
Comunicado 16
Na última reunión da mesa negociadora, onde xa hai
un preacordo entre a AEB-CCOO-UGT para recortar dereitos, as demandas presentadas
pola CIG en varias entidades para que se rexistre a xornada laboral efectiva e
as horas extras, entraron na negociación.
AEB aposta por unha negociación
para chegar a un acordo estatal paralelo ao convenio, con todos os sindicatos
demandantes, incluíndo os que non están na mesa negociadora. Nesa nova
negociación tamén estarían CCOO e UGT, malia que non presentaron demandas.
CCOO e UGT, que nada fixeron a
este respecto na banca privada, malia ser un dos maiores problemas no sector,
din agora que o acordo debería incluírse no convenio.
Nós estamos abertos a unha nova
negociación sectorial, sempre que non se pretenda baleirar de contido os
rexistros horarios para seguir defraudando. Ademais, deberíanse apurar os
prazos, xa que despois das nosas demandas hai abertas negociacións nalgunhas
empresas.
Por último dicir que, na mesa,
os asinantes do acordo discreparon pola absorción da suba a conta de convenio,
que deixou a unha parte substancial dos cadros de persoal sen cobrar. Hai quen
asina preacordos sen saber o que asina.
Galiza,
25 de xaneiro de 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario