25 de xan. de 2010

Sábados libres ¡XA!, pero sen contrapartidas

De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas e cun horario regulado.

O persoal do Banesto ten dous problemas relacionados co horario:

-Os horarios de convenio non se cumpren, xa que carecemos de calquer sistema de control horario que se poda chamar así.

-Os propios cambios introducidos no seo da Unión Europea levan a que os sábados non sexan operativos, o que debería permitir a libranza dos mesmos, sen nengún tipo de costosas contrapartidas.

Non podemos esquecer o actual momento de crise económica que está levando a un medre do desemprego, acadando cotas históricas. Nese senso, as oficinas do Banesto estan infradotadas, polo que o persoal ten que asumir unha maior carga de traballo realizando extenuantes xornadas para sacar os obxetivos adiante.


A proposta da CIG en materia de horarios é a do título deste comunicado:

-De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

-Establecemento dun sistema de control horario.

-Compromiso de que a reducción de xornada debe incidir na creación de emprego, dotando as oficinas de persoal.

Quede claro, que a CIG non aposta por cambiar algúns sábados pola apertura de oficinas todos os xoves pola tarde. Tampouco admitimos flexibilidade horaria absoluta, horarios extensivos, sen que ademáis se establezan sistemas de control que posibiliten o cumprimento da legalidade vixente.

Os sábados están caendo por sí sos, xa que deixaron de ser operativos e rentabeis para os bancos. Que non nos metan un calote!



Galiza, xaneiro 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario