13 de xan. de 2011

"GRAZAS"

Rematado o proceso electoral do pasado 22 de decembro, é hora de cuantificar e analizar os resultados.

Na nosa Sección Sindical, valéndonos soamente do noso histórico traballo e compromiso, e das ferramentas democráticas, éticas e, permitídenos, elegantes, acadamos no conxunto dos comités provinciais un notable apoio dos traballadores/as. Un total do 25% do censo votou CIG, acadando a cifra de 7 delegados/as en Galiza, fronte a 6 de CCOO e 5 de UGT. A lectura é que non fomos derrotados por outro modelo sindical de clase.

Un conxunto de valentes compañeiros/as que non dubidou en prestar o maior patrimonio que ten un ser humano, que é o seu nome e apelidos e, por conseguinte, a súa dignidade e prestixio persoal, para conformar unha alternativa digna como foi a candidatura da CIG nestas eleccións. Un grupo de traballadores/as aoss que non conseguiu amedrentar o aparato do réxime;un escollido feixe de bos profesionais e mellores persoas, amables e xenerosas, que non só pensan en si mesmas, senón que, solidarias e conscientes da realidade laboral actual, valoran o pasado, o presente e sobre todo o futuro da nosa empresa e dos/as que a compoñen: MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS.

Non foi este un proceso electoral doado. Contra a desmesurada actitude que a empresa utilizou para potenciar o seu proxecto anti-sindical, nós ofrecemos, como sempre foi ate agora, traballo, seriedade e compromiso.

Aos/as que nos votastes vos damos as grazas; grazas pola vosa valentía e confianza. Vós, mellor que ninguén, sabedes que non vos imos defraudar, que somos os/as mesmos/as que nunca escondemos a cara ante os problemas, ante as inxustizas, ante os conflitos individuais ou colectivos. Sempre que nos chamedes, sempre, aí estaremos.

O futuro xa está aquí. O ano 2011 seguro non vai ser doado, pero grazas ao voso apoio, esta Sección Sindical da CIG sigue en pé, combativa e ao voso servizo.

Galiza, 10 de xaneiro de 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario