6 de out. de 2011

Flexibiliza que algo queda ¿Convenio para acadar melloras ou para regular reestruturacións do sector bancario?

Na reunión de hoxe, CCOO e UGT presentaronunha proposta de “Garantía da Función Sindical” que a AEB está disposta a estudar. Din que como a “carreira sindical” esixe cada vez maior formación queren falar de categoría profesional e retribucións variables para os sindicalistos, estendendo deste xeito ao Convenio Colectivo os acordos asinados xa por eles no SCH, Banesto e Deutsche Bank.

Dende a CIG, sindicato maioritario da banca en Galiza, rexeitamos as propostas que pretenden privilexiar aos representantes sindicais fronte ao resto do persoal, con premios salariais e ascensos de categoría.

A continuación tratouse o tema de Emprego. Aínda que non estaba previsto, os sindicatos estatais CCOO e UGT propuxeron abordar estetema nesta sesión, a pesares de terse tratado xa en outra anterior, para fixar as condicións que rexerán posibles reestruturacións empresariais e do sector, dando por sentado que estas se van producir.

Esquecen a urxencia da mellora das condicións laborais (cumprimento da xornada laboral de 8 a 15 horas, contratación directa de persoal e non a través de ETT’s, freo a exteriorización de traballos e servizos, etc.) como garantía do mantemento do emprego.

Mentres a AEB fala de “Flexibilidade eCompetitividade” como elementos fundamentais para tratar o tema do emprego no sector, CCOO e UGT éntranlle ao xogo e manifestan a súa disposición a pór enriba da mesa unha proposta que achegue as súas posturas (regulación, reestruturación sectorial) ás da patronal (flexibilidade no emprego).

Nesta sesión deuse por rematada a defensa polo miúdo das distintas plataformas, polo que cumpriría entrar a concretar temas.

Sen embargo, fixouse a nova sesión para o 2 de novembro e, entrementres, ¿que?

Galiza, 5 de outubro de 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario