5 de out. de 2011

¿Por que teñen medo a que falemos entre nós da situación laboral?



O pasado martes 27 iniciamos o proceso de mobilizacións concentrán-donos na oficina de Verín contra o despedimento de Antonio.

Mobilización da CIG en VerínA acusación do banco non ten nin pes nin cabeza, basease nunha ridiculez falsa. Acúsano de que colleu 10 € para tomar café e que non os devolveu. Acúsano tamén de asignar conceptos nos ingresos de clientes para que estes puideran favorecerse dos agasallos previstos nas campañas. Indignante.

A Dirección ten medo a que os traballadores/as do Banesto digamos basta: aos despedimentos, ás sancións, aos traslados, aos malos modos, á extensión ilegal da xornada, ás campañas comerciais que nos abafan.

¿Como se xustifica senón que se monte un despedimento para poder desfacerse dun traballador polo único motivo de que este organizase unha cea entre varios compañeiros para falar da situación laboral?. A Dirección quere que os traballadores/as suframos en silencio.

Cando pensan que falar entre compañeiros/as é perigoso, é porque son conscientes da situación insostible á que están levando o cadro de persoal.

Eles saben que o persoal do Banesto está farto e que movéndonos podemos obrigalos a cambiar de rumbo. Neste senso, unha vez máis, a CIG está disposta a moverse… e non pararemos.

Ningún despedimento inxusto máis en Banesto!!!

Despedimento de Verín:
Readmisión XA !!!
Galiza, 4 de outubro de 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario