4 de feb. de 2013

O persoal de Novagalicia, Bankia e Banco

Nestes momentos compañeiros e compañeiras das Entidades estatalizadas están librando a


batalla máis dura na historia do sector financeiro. Fronte a intención gobernamental e

patronal de reestruturar o sector financeiro a través da aplicación da Reforma Laboral, o

persoal das Entidades nacionalizadas, Novagalicia Banco, Bankia e Banco de Valencia,

están sendo a primeira liña de resistencia ante un proceso que ameaza con estenderse a

gran parte do sector.

Anteriores procesos de reconversión do sector financeiro foron pactados e negociados,

realizándose a través de medidas non traumáticas. Pola contra, estamos ante unha

decisión de impoñer medidas máis gravosas para os traballadores e traballadoras e menos

custosas para as empresas. Ademais, nestes procesos queren impoñer tamén unha rebaixa

dos salarios (en Bankia de ata o 50%), que loxicamente distorsionará a competencia no

sector financeiro e servirá de argumento a todas as empresas para tratar de empeorar as

nosas condicións laborais.

O Goberno pretende realizar unha reconversión, drástica e traumática escalando o proceso

(Banco Gallego, Caja España/Duero, entre outras poden ser os seguintes). Tratan de evitar

unha conflitividade xeral no sector que poda obrigalos a negociar. É por iso que parar as

intencións patronais e gobernativas semella fundamental.

Hoxe, os traballadores e traballadoras de Novagalicia Banco, Bankia e Banco de

Valencia defenden os seus postos de traballo, pero tamén os de todos e todas. Os

bancos son competidores, os traballadores e traballadoras somos compañeiros e

compañeiras.

O vindeiro día 6 de febreiro está convocada unha folga de 24 horas en Novagalicia Banco,

Bankia e Banco de Valencia, así como manifestacións. Solicitamos, nomeadamente aos/ás

que traballades nas cidades nas que se convocan, que fagades quendas para saír a tomar

café, de tal xeito que podades participar os/as máximos posibles dun xeito solidario.

Manifestacións: 6 de febreiro ás 12:00 da mañá

Cidade Lugar saída

A Coruña Rúa Nova (OP Novagalicia banco)

Santiago Praza de Galicia (OP Novagalicia banco)

Ourense Rúa do Paseo (OP Novagalicia banco)

Lugo Praza Maior (OP Novagalicia banco)

Pontevedra Rosalía de Castro (Oficina de Bankia)

Vigo Rúa Urzáiz (Oficina de Bankia)

Participade solidariamente nas

manifestacións convocadas, turnándovos

para saír a tomar o café.

Galiza, 4 de febreiro de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario