18 de xul. de 2014

Comisión de (des)emprego

O 16 de xullo tivo lugar unha nova reunión da Comisión de Emprego en “Boadilla Del Monte”, facilitando o Banco dados sobre a evolución do emprego. Nos últimos 18 meses o banco destruíu 4.697 postos de traballo (o recorte equivale a mais do 50 % do cadro de persoal do Banesto). 



Data
Cadro de persoal
31/12/2012
28.299
31/12/2013
25.665
30/06/2014
23.602

-4.697

O Banco Santander pechou 986 oficinas (a previsión facilitada estimaba que pecharían 720 e sobrarían 3.000 persoas) e din que quedan “flocos”. A taxa de destrución de emprego sería maior si tivéramos en conta os milleiros e milleiros de horas extras ilegais que se realizan na Entidade, cumprindo a lei se crearían postos de traballo. O banco ten un comportamento antisocial fronte a lacra do desemprego. 

Ademais a CIG manifestou a preocupación polo deterioro do ambiente laboral, problemas incribles para poder coller as vacacións con uns cadros “impostos” polos xefes de zona, autorizados a última hora ou aínda pendentes de autorizar e incluso que son modificados posteriormente a ser autorizados; problemas para dispoñer dos días de asuntos propios, problemas para coller permisos de matrimonio, paternidade, ou incluso polo falecemento de familiares,etc.etc. 

Por último denunciamos a falta de persoal na rede comercial que está na orixe dos numerosos problemas laborais (extensión da xornada laboral fraudulenta; traslados; sobre carga de traballo, imposibilidade de conciliar, etc). 

O mais curioso é que tamén dixeron que falta persoal os que fai un ano lles asinaron un ERE porque“que sobraba persoal” !!!!.

 ¡¡Paradoxos da vida !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario