6 de maio de 2009

Valoracións arbitrarias.


Dende hai tempo estamos vendo e calando. Calamos por un extremo senso do que deben ser as formas, porque vos representamos e iso leva consigo un imprescindible exercicio de responsabilidade. Dende hai tempo, moito tempo, excesivo sen dúbida, veñen tomándose -só cando interesa- decisións sobre a nosa vida profesional baseadas na arbitrariedade. E así, hai a quen lles vai ben, a quen lles vai moi ben e a quen lles vai mal, rematadamente mal, todo depende do selo co que te marquen.

O Banco establece unhas esixencias que todos e todas coñecemos, e que xa están machaconamente enumeradas, pero... ¿estas obrigan a todos e todas por igual? E, o máis importante, ¿en caso de ser incumpridas teñen para todo o mundo as mesmas consecuencias?

Lembrade aquilo do libro de Orwell, o de que todos os porcos eran iguais pero... uns máis iguais que outros. Así pois, de decidir nesta Territorial quen é máis igual ou non, encárgase a "responsable" XEFA DE RECURSOS HUMANOS, seguindo criterios tales como amizade e outros que preferimos non mencionar por respecto ao cargo.

Nos últimos meses producíronse situacións irregulares onde as persoas responsables -ou as que padeceron as consecuencias daquelas- non foron obxecto do mesmo trato. Promocións, traslados, despedimentos..., dependen do moi particular criterio da nosa "responsable" XEFA DE RECURSOS HUMANOS.

Diante desta situación entendemos que conceptos de valoración obxectiva como Q10, SECA, NORMALIZACIÓN DOCUMENTAL E DE RISCOS, CLIENTING, ou acordos como o de PREVENCIÓN DE ACOSO LABORAL NO TRABALLO..., resérvanse para as demais Territoriais do Banco. En Galiza, o único criterio é pertencer ao club de Dª Sonia, polo que solicitamos formalmente a eliminación dos anteriores mecanismos por inútiles. Esta situación farémola chegar a Alta Dirección do Banco.

Galiza, 30 de abril do 2009

5 comentarios:

Anónimo dixo...

facía falla este escrito xá.

Anónimo dixo...

OS AMIJOS, XA SE SABE, SON OS MESMOS QUE TEÑEN O ESTÓMAJO QUE PEOR SE PODE TER: O ESTÓMAJO AJRADESIDO. HAI MOITOS AUDIS QUE ABRILLANTAR E DÉBEDAS QUE PAJAR.

Anónimo dixo...

A VER CANDO VOLTADES A DAR CAÑA COAS PUTAS TARDES, E OS IMPRESENTABLES QUE AS PRIMAN REPARTINDO OS PUNTOS QUE XENERA A MISMA OFICINA. AQUÍ HAI MOITA XENTE QUE VIVE DO PUTO CONTO, DE ORGANIZAR FIESTUKIS E LAREAR FORA DO HORARIO LABORAL

Anónimo dixo...

ANTE A PRESION E REPRESION MOVILIZACION "A RUA E NOSA"

SUBJERRILLEIRA dixo...

TEMOS Q MOVILISARNOS XA!! SENÓN , ESTAMOS VENDIDOS, NESTE BANCO ESTAMOS VENDIDOS. DIA TRAS DIA ESTAMOS DANDOO TODO POR ÉL, FASENDO HORAS E HORAS, SIEMPRE CUNHA SONRISA E SIN POÑER NINGUNHA PEGA A TODAS AS BARBARIDADES Q NOS PIDEN E.... CALQUER DIA TEREMOS UNHA CHAMADA DE RR.HH. E O DIA SEJINTE, ZAS..A BUSCARSE A VIDA. VENDIDOS. NON É XUSTO. HAY Q FASER ALJO. ESTO É UNHA DICTADURA, SOLO PODEMOS CALAR, TRAJAR E DISIR AMEN A TODO. NON PODE SER.

Publicar un comentario