Avaliacións:
A
Dirección, disposta a falsear os resultados para agochar o problema.
Os
problemas hai que afrontalos buscándolles solucións, porque falsear os
resultados, pode permitir auto enganarse a curto prazo pero agrava os problemas
a medio e longo prazo.
Os resultados das avaliacións “compromiso” son sempre
os mesmos, e malia que a maior parte do
persoal sospeita do anonimato das enquisas, en Galiza é sempre onde peor
valorados son os mandos.
Este ano, a
Dirección, preocupada polos resultados, decidiu tomar medidas: falsealos.
Un grupo de “responsables” de Madrid estase
a reunir cos apoderados/as para indicarlles como deben realizarse as
avaliacións, co obxectivo de que os
mandos que padecemos en Galiza non sexan, unha vez máis, os peor valorados da
Entidade.
Agardamos que sexa un caso illado, que non haxa outros
departamentos do banco que se dediquen a falsear resultados para agochar
problemas, ou si? Ao fin, parece que o custe do fracaso da conta “1|2|3”, que seguen presentando coma un
éxito, o asumiu o cadro de persoal (recortouse emprego a través dun ERE e
recortáronse as condicións laborais a través da negociación colectiva).
Señores da Alta Dirección: unha e outra vez, e en cada
unha das reunións, a CIG expuxo os problemas que padece o cadro de persoal. As
avaliacións mostran tamén cal é a situación. Sentémonos a negociar e poñamos en
marcha solucións, porque para vir a falsear resultados non fai falta que veñan,
non son benvidos.
Outra consideración: non é que os galegos e galegas sexamos
máis torpes e non entendamos as preguntas. Non, entendémolas perfectamente,
igual que os compañeiros e as compañeiras do resto do Estado, pero facemos as
valoracións que consideramos que temos que facer.
Galiza, 19 de setembro de 2016